Case sen darnos conta, as actividades, preocupacións e traballos de cada día van modelando o noso xeito de vivir e de ser. Máis aínda. Si non somos capaces de vivir desde o noso interior, os problemas e acontecementos cotiáns tiran de nós e lévannos dun lado para outro, sen outro horizonte que a preocupación de cada día. Por iso, é bo que, ao facer o plan de vacacións, saibamos escoitar as palabras de Jesús a aquela muller tan activa e traballadora: «Marta, Marta: andas inqueda e nerviosa con tantas cousas e só unha é necesaria»