Crónica do segundo campamento de Vilán

Do equipo animador do segundo campamento de Vilán chéganos a seguinte crónica:

VILÁN CIRCUS 2016

O campamento chegou ao seu fin. Do 4 ó 11 de xullo puidemos disfrutar duns días marabillosos, tanto de temperatura como de momentos inesquecibles.

Xuntámonos de novo cun montón de nen@s de 4º primaria ata 4º ESO, nunha gran harmonía. Tratamos temas moi diversos e interesantes que permitiron que nos coñecésemos máis e fixésemos novas amizades, aos que engadimos momentos de reflexión e avaliación que tivemos todas as tardes. Non esquecemos os xogos nocturnos que tiveron como temática este ano o circo, os xogos de auga, as caminatas, o río e ademáis este ano contamos cunha noite de estrelas.

Unha vez máis, damos as grazas a todos os nen@s, xa que sen el@s isto non sería posible e damos comezo a conta atrás para o próximo campamento.

Feliz verán e ata pronto!