O próximo sábado 28 de Maio, e dentro do programa de actividades das «Letras Galegas» teremos ocasión de entreternos coa obra de teatro «Falando de cartos» que representará o Grupo de Teatro da Sociedade Cultural e Deportiva «Atlántida» de Matamá ás 8,30 da tarde no Salón de Actos da Parroquia.
«Falando de cartos» é un espectáculo que toma como punto de partida o libro colectivo
“Banqueiros” para recuperar a importancia que ten o teatro como espello da sociedade. Sen renunciar ao humor, «Falando de cartos» conta diferentes historias do día a día de persoas que podemos atoparnos na rúa: desde a limpadora do banco que soña con que lle toque a lotería ata o banqueiro que acode ao psiquiatra para acabar coa súa ansiedade, pasando pola muller que pide esmola e non renuncia a unha rosa para ter algo polo que vivir. «Falando de cartos» é un mosaico de pezas que falan de cartos e de valores e unha forma de compartir historias en comunidade.