Este venres 20 de maio a partires das 19:00 temos a oportunidade de participar nun faladoiro que leva por título «A industria na Coia antiga». Dita actividade celebrarase no centro de maiores Abanca (r/Salvaterra, na praza do Centro Comercial 2, Coia – Vigo)
Vidro, barcos, goma. Salga, gasosas, peixe. Mans e suor.
A vella Coia non só era mar e veigas, tamén era fábricas: un tecido industrial espallado por toda a parroquia, que daba de comer a moitas familias. Reyman, Alonarti, La Artística ou Alfageme formaban parte dunha próspera economía desmantelada cando a vella Coia pariu un barrio urbano. Xunto coa paisaxe tradicional, tamén varreuse a paisaxe industrial.
Neste faladoiro botaremos unha ollada a quen fomos, revisitaremos aquela Coia industrial desmantelada sobre cuxas ruínas construíuse outra nova Coia. Ese barrio nacente foi o novo fogar doutra clase traballadora -moita chegada de fóra-, que fornecía de man de obra a unha industria máis moderna. Máis moderna pero non máis humana.
Organizan: Roteiro por Coia, IES Alexandre Bóveda, Espazo Alicerces e A.VV. O Torreiro de Coia.