O Evanxeo do domingo 15 de Maio (Pentecoste)

«En Pentecoste, aos 50 días da Pascua, na Igrexa celebramos o que foi unha realidade manifesta naquelas persoas e comunidades primeiras: que se deixaron regalar e encher co Espírito Santo de Xesús, e con ese Espírito dentro foron capaces de manter vivo o aire de Xesús, o seu estilo de vida, a súa ilusión absoluta por Deus e o seu servizo sen medida por todas as persoas, maiormente polas máis débiles e marxinais, por calquera razón que fose. Foron capaces de crear unha comunidade cristiá con Xesús no centro, ao redor do recordo, da palabra, do Espírito de Xesús. Celebramos esta festa de Pentecoste coa esperanza de que tamén nos pase a nós o que lles pasou aqueles primeiros homes e mulleres que se deixaron levar polo Espírito de Xesús, nos tempos de hoxe, que boa falta nos fai.» (Manolo Regal – Escola de Espiritualidade)