Tivemos o encontro con Alfonso Mascuñana

Na tarde de onte 21 de Abril a nosa comunidade tivo a ocasión de coñecer a realidade dos refuxiados en Grecia a través dunha testemuña presencial: Alfonso Mascuñana. Primeiro expúxonos a súa experiencia persoal de contacto cos refuxiados e cos voluntarios e voluntarias chegados de diversos paises na illa grega de Lesbos. Despois achegounos un interesante material gráfico recolleito por el e por outras testemuñas presenciais que reflexaba moi ben o drama da guerra e o da inmigración. Os asistentes saímos da charla conmovidos e conscientes de que o sistema que nos envolve xa caducou e como seguidores de Xesús de Nazaret a nosa tarefa é seguir loitando por un mundo máis xusto e fraterno, ese mundo ao que Xesús chamaba o Reino.