O tema dos refuxiados na catequese da comunidade

Os grupos de postcomunión e adolescentes da nosa comunidade tiveron hoxe ocasión de informarse sobre a situación dos refuxiados en diversas partes do mundo e dun modo especial en Grecia e Turquia. Os seus catequistas contaron coa experiencia de Foad Alawi, médico oftalmólogo sirio radicado en Vigo, e de Xosé Lois Barreiro, xornalista, membro da ONG «Entreculturas» e tamén da nosa comunidade. Con abundante material gráfico foron expoñendo a traxectoria dramática de moitos anos de guerra na vida de moitas familias sirias e afgás. En diversos murais os adolescentes plasmaron as súas impresións que lles levarán a compartir cos seus amigos, compañeiros e familias. O vindeiro xoves 21 os maiores teremos ocasión de concienciarnos a través de Alfonso Mascuñana, voluntario en Lesbos.