A Rede Galega en apoio das persoas refuxiadas cambia a hora da manifestacion

Recibimos a seguinte comunicación da Coordinadora de Crentes Galegos:

Ola a tod@s:
A Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas, da que a Coordinadora de Crentes Galeg@s forma parte, convoca para o próximo sábado 23 de abril unha manifestación que sairá ás 13 horas da Praza Roxa de Santiago. Xa pola tarde, a partir das 17 h., Refuxiadas Compostela organizará diversas actuacións na Praza 8 de Marzo.
Todas aquelas persoas que andedes por Santiago ese día ou que vos poidades achegar, quedades convidad@s. Xuntamos os carteis e agradeceriamos tamén que espallásedes a convocatoria entre os vosos contactos.
Un saúdo
COORDINADORA DE CRENTES GALEG@S