Celebración de Acción de Gracias polos 800 anos de dominicos e dominicas

A nosa comunidade celebrou o pasado domingo 13 de marzo unha eucaristía de acción de grazas con motivo da conmemoración dos 800 anos de historia (1216-2016) de dominicos e dominicas. Presidiu a celebración o Provincial dos dominicos de Hispania, Jesús Diaz Sariego, acompañado de dominic@s laic@s e religios@s.

Comezou a celebración coa entrada procesional de tod@s l@s dominic@s presidentes da celebración. Despois de ver unha proxección relativa ao xubileu colocáronse uns simbolos da espiritualidade dominicana na mesa: sandalias (itinerancia), bastón (apoio da comunidade), aceite (dignidade de fillos de Deus e fraternidade) e a Palabra de Deus. Este último símbolo foi introducido solemnemente por Ildete ao estilo das eucaristías de Brasil. Leuse o evanxeo do envío que foi comentado por un Jesús, Mari Mar e Pili. Seguidamente fíxose memoria de dominicos e dominicas que fixeron e fan historia, algúns coñecidos de preto pola nosa comunidade: Gustavo, Maritze e Mariña. Un forte aplauso soou ao terminar a lectura. Queremos seguir os seus pasos.

Continuamos cunha emotiva liturxia eucarística na cal non falto o «noso pai galego» e o himno do barrio. Ao final bendíxose e colocou na capela unha imaxe de Santo Domingo obra do dominico Miguel Iribertegui e rezouse a oración do xubileu repartida previamente a todos os participantes.

E agora a esperar a celebración de dominic@s de Galicia a celebrarse en Compostela o día 11 de xuño.