Esta nova campaña que leva como lema «Plantalle cara á fame: sementa» marca o inicio dun Trienio de loita contra a fame (2016-2018) nos que Mans Unidas, a ONG de Desenvolvemento da Igrexa católica en España, traballará para dar resposta ás causas e problemas que provocan a fame no mundo desde unha tripla perspectiva: o mal uso dos recursos alimentarios e enerxéticos; un sistema económico internacional que prima o beneficio e exclúe aos débiles e uns estilos de vida e consumo que aumentan a vulnerabilidade e a exclusión.
Para Mans Unidas, solucionar o problema da fame pasa por acompañar aos máis pobres e reforzar o dereito á alimentación dos pequenos produtores, contribuír ao cambio cara a uns sistemas alimentarios máis xustos e educar para unha vida solidaria e sustentable.
Como outros anos, a nosa comunidade fará colectas para o apoio da campaña nas eucaristías dos dias 20 e 21 e recollera donativos nos sobres que estarán colocados a saída da igrexa.
Mais información sobre a campaña aquí