Festa do Lume 2016

Todos os anos, cando a luz vai vencendo á escuridade e a natureza comeza a espertar, a Igrexa celebra a Festa da Candeloria (2 de febreiro). A Asociación Irimia celebra esta festa cun encontro no que cada ano imos compartindo e celebrando as luces que van alumando a nosa terra galega. Este ano, seguindo a luz que nos chegou da Encíclica «Laudato si» («O coidado da casa común») do noso Papa Francisco, imos descubrir como estamos a levar a cabo «a defensa ecolóxica do noso territorio».

O encontro será no Mosteiro de Bergondo (A Coruña) o sábado 6 de febreiro. Como todos os anos participaremos representantes da nosa comunidade.

Mais información aquí