Alberto Iniesta: «Aquela primavera eclesial»

Non podemos deixar a ocasión de dedicar unhas palabras na nosa pàxina ao recentemente falecido Monseñor Alberto Iniesta. Ocupou o cargo de Bispo Auxiliar de Madrid encargándose da Vigairía de Vallecas. Por esa época acababamos de inauugurar nosa Parroquia do Cristo da Vitoria e moitas das súas iniciativas pastorais compartímolas. Catequese, comunidades, celebracións, compromiso social, participación dos laicos… foron postas en marcha en comuñón coa actividade pastoral de Monseñor Iniesta nas parroquias de Vallecas entre as que se atopaba a parroquia irmá d@s dominic@s de Santo Tomás de Villanueva. Alberto Iniesta viaxou ao Salvador, enviado polas parroquias de Vallecas, para asistir á celebración con motivo do martirio de Monseñor Romero. Foi o unico bispo español que participou na celebración.

Se agora vivimos unha ·primavera eclesial» con Francisco, non esquezamos a que tivemos hai anos na época de Monseñor Iniesta, na época do postconcilio.

En «El País» de hoxe publícase no obituario unha descrición sobre Monseñor Iniesta que podedes ler aquí