Este Nadal a nosa comunidade encheuse de «beléns». Os mozos e mozas de Postcomunión fixeron o seu «belén» de plastilina. Os nenos e nenas de Iniciación presentáronnos na eucaristia de familia o seu «belén»: o neno que traía as receitas para curar este mundo ferido no seu medio ambiente, na misera e na violencia. Os nenos e nenas de Comuñón decoraron as portas de cristal da capela con outro precioso «belén». Pero queremos destacar aquí sobre todo un «belén» que fai presente a Xesús entre os miles de inmigrantes e refuxiados que nestos anos cruzan mares e montañas para fuxir da fame e a guerra mentres os valos dos paises ricos obstaculizan o seu paso. Non tivo que emigrar Xesús con seus pais a Exipto fuxindo das garras do cruel Herodes? Podedes contemplar o «belén» no fondo da Igrexa. Grazas QInco pola vosa mensaxe en forma de «belén». Bo Nadal desde esta páxina a toda a comunidade.