EN LEMBRANZA DE PEPE CHAO

Esta mañá decatámonos da morte do noso amigo Xosé Chao Rego («Pepe Chao» para nos). Pepe estivo varias veces na nosa comunidade en Congresos de Xustiza e Paz e en charlas de Coresma. Moito lle debemos a el e ao seu legado (Asociacion «Irimia», Revista «Irimia», Romaxes, Festas do Lume) pero sobre todo o contaxiarnos a súa paixón por unir a fe en Xesús e o aprecio pola lingua e a cultura galegas (fe e galeguidade) e tamen pola xustiza e pola paz. O seu Noso Pai óese cada domingo nas nosas eucaristías. O seu «Magnificat» galego algunhas veces tamén.

Grazas Pepe por todo! Seguirémosche sentindo presente sobre todo cando cantemos o teu «Noso Pai que estás no ceo. desde a terra de Galicia chamamos pola irmandade, berramos pola xustiza…» Ti xa podes disfrutar da irmandade e da xustiza. Graciñas pola túa vida!

Articulo na «Voz de Galicia» aquí