Na Galiza 65 mil persoas sofren pobreza enerxética: non poden facer fronte ás facturas de luz, gas ou calefacción.
Mentres a desigualdade e a precariedade medran, a factura eléctrica non para de subir. Temos a terceira electricidade máis cara de Europa.
O 27 de novembro o concello de Vigo prenderá o alumeado de Nadal no que vai (imos) gastar máis de 400.000 euros, e no que se encenderan 2 millóns e medio de pequenas luces de cores.
Falamos con viciñas e viciños de Vigo que sofren cortes de electricidade, que contan da violencia da exclusión do acceso ao dereito á enerxía.
A prioridade das políticas públicas debería ser combater esta exclusión e garantir dereitos básicos.
A realidade que se encenderá hoxe son as luces para o consumismo, as sombras para as familias do Vigo invisíbel que sofre os cortes de luz.
Que se escoiten as súas voces, denunciemos a invisibilidade da pobreza enerxética.
Todos os días, e en Nadal tamén. Reclamamos #luzecalorparatodas
O video aquí: https://www.youtube.com/watch?v=sys-eSc3OQ8