HISTÓRICO DISCURSO DO PAPA FRANCISCO NA ONU

Entre os días 19 e 27 de setembro o Papa Francisco realizou unha visita a Cuba e Estados Unidos. O dia 25 pronunciou un histórico discurso ante os representantes das Nacións Unidas en Nova York. A ONU celebraba nestes días o 70º aniversario da súa fundación. Foi un discurso sincero, alentador, estimulante e con respostas moi concretas referidas a cuestións como a defensa do medio ambiente, a protección e defensa dos excluídos, e a prohibición das armas nucleares. Aos grandes e poderosos da terra, Francisco pediulles, en nome dos berros dos pobres que chegan aos oídos de Deus, unha nova diplomacia: a do diálogo. E un novo sistema político: o ecopersonalismo. Un uevo modelo de desenvolvemento, baseado na persoa humana e na natureza como centros de todo o sistema. A boa gobernanza dos ricos, para que os pobres non morran no medio da ‘globalización da indiferenza’ e da ‘cultura do descarte’.
Se desexas coñecer o discurso na súa integridade prema aquí.