A nosa comunidade participou na XXXVIII Romaxe de Crentes Galegos

Un ano máis nosa comunidade parroquial fíxose presente na XXXVIII Romaxe de Crentes Galegos celebrado en Penas de Rodas (Outeiro de Rei – Lugo)o sábado 12 de Setembro. É un dia memorable de convivencia entre nós e con outras comunidades de Galicia ao redor de Xesús de Nazaret e a cultura galega. Achéganos, ademais, moito ánimo para o novo curso e axúdanos a enriquecer as nosas celebracións. O lema foi «desorballando sonos» e nesas estamos.
Se queredes información máis detallada contactámosvos coa revista Irimia que ofrece unha ampla reportaxe sobre o evento. Prema aqui