Un ano máis nosa comunidade parroquial fíxose presente na XXXVIII Romaxe de Crentes Galegos celebrado en Penas de Rodas (Outeiro de Rei – Lugo)o sábado 12 de Setembro. É un dia memorable de convivencia entre nós e con outras comunidades de Galicia ao redor de Xesús de Nazaret e a cultura galega. Achéganos, ademais, moito ánimo para o novo curso e axúdanos a enriquecer as nosas celebracións. O lema foi «desorballando sonos» e nesas estamos.
Se queredes información máis detallada contactámosvos coa revista Irimia que ofrece unha ampla reportaxe sobre o evento. Prema aqui