Achegamos o COMUNICADO lido na rotonda ao rematar a manifestación:
«Estamos a construír soños colectivos! Nunha asemblea, convocada de urxencia o 3 de decembro, decidimos parar as obras da rotonda; e conseguímolo. Foi a primeira vitoria, pero non a máis importante. Sen decatármonos, no rexeitamento da veciñanza á instalación do Bernardo Alfageme na rotonda, estabamos a expresar cos nosos corpos en desobediencia que SI, SI SE PODE!
Non sabemos se ao final chantarán o barco na rotonda, pero si temos claro que no seu intento están dispostos a empregar todos os medios que teñen á man: represión, criminalización, multas, mentiras… Nestas semanas golpeáronnos con forza, pero non acalaron, nin acalarán, a nosa resistencia; porque nós temos razóns, forza colectiva, constancia, poesía, mandarinas ecolóxicas… para continuar cunha loita que hai tempo superou a cuestión do barco.
Esta loita destapou o seu “malgoberno” e tamén o desastre dunhas políticas sociais que deixan a moitas persoas sen luz, sen vivenda, sen alimentos básicos, sen o local de Sereos…; en definitiva, sen dereitos sociais.
O alcalde e os seus concelleiros falan de agresións, vandalismo e minoría marxinal para non ter que falar e afrontar o colapso do departamento de Benestar Social, dos meses de espera nas UTS, das protestas das propias traballadoras sociais, da falla de orzamentos, das denegacións inxustificadas das axudas de emerxencia, da miseria e precariedade da cidadanía…; en resumo, da arbitrariedade, inxustiza e ineficacia da política social deste Concello.
As relacións humanas, as reflexións, as experiencias, os coidados… son algúns dos fíos que estamos a empregar para tecer redes fortes que desde abaixo, desde a xente, vaian construíndo o barrio, a cidade, a terra que precisamos. Espazos onde a VIDA e as necesidades das persoas sexan o centro das políticas.
Os únicos barcos que queremos na rotonda son de papel. Barcos cheos de poesía, de beleza en que coller o impulso que precisamos para poñer os nosos corpos e as nosas mentes ao servizo doutra cidade máis humana.
Que o noso berro se escoite ben forte:
XUSTIZA SOCIAL!!
NIN CARTOS NA ROTONDA, NIN ESTADO POLICIAL!!
Asemblea Aberta de Coia
Vigo, 16 de xaneiro de 2015»
Pregunto-me por que, cando se falou deste tema numa reunião da ODS aló polo mes de xulho, e o do barco estava já confirmado,ninguém falou de levar a cabo acções para evita-lo. Deisastes passar quatro meses e, num faladoiro convocado para falar da historia do bairro, começastes a vossa campanha. Se mal não recordo, acredito que a primeira assembleia, «convocada de urxencia» foi dois dias depois.
Quem se beneficia? O movemento vizinhal não. Cansaço, demoralização, perda de credibilidade. E mentres tanto, as ANPAS estão a sofrir pressões para deijar a gestão dos comedores escolares, por ponher um ejemplo. Quando este assunto veja a luz, topara cum movemento vizinhal canso e desacreditado e as crianças rematarão por quedar sem comedores. Isso sim, vos quedastes como ums herois. Vergonha
O comentario de Victoria ten a súa razón e é que todo é parte dunha mesma cousa, dun mesmo mal que estamos a padecer: o abandono. A exclusión de todo o que non sirva para fortalecer a empresas (chamense comedores escolares, sociais, sereos, etc). Comno dí o comunicado, «..desastre dunhas políticas sociais que deixan a moitas persoas sen luz, sen vivenda, sen alimentos básicos,…; en definitiva, sen dereitos sociais». E tamén,
Como di o comunicado, «cada quen ten as súas relación humanas, as súas experiencias e actúa conforme a elas».
A división está en todo cando se perde o sentido do todo. Tamén no mevemento asociativo comandado dende o governo municipal por un líder da UXT. E curioso que dous exsecretarios comarcais sindicais (CC.OO e UXT) estén no governo municipal e que o alcalde vote a culpa a de todo a CIG.
Gucci handbag it was a stylish Red Carpet with the famed sculpture in the background as Barbra Streisand,
It’s the best time to make a few plans for the future and it is time to be happy. I have read this publish and if I may just I want to recommend you some fascinating things or tips. Maybe you could write subsequent articles regarding this article. I wish to read even more issues about it!