A Oficina de Dereitos Sociais de Coia ven de editar a «Guía de Axudas Sociais: información ao servizo das persoas» que se presenta como unha ferramenta máis coa que loitar polo dereito a unha vida digna para todas.
A guía pódese descarregar en formato electrónico na páxina da ODS Coia. Con estas verbas nola presentan:
«O empobrecemento, o desemprego, a precariedade, as pensións de miseria, a cesta da compra que non para de subir, a vivenda entendida como un ben de consumo, colócannos fronte a serias dificultades para atender as necesidades máis básicas. Isto fai que moitas persoas nos vexamos en graves problemas para cubrir os mínimos para a vida: alimentación, vivenda, saúde…
Estas situacións estannos obrigando, a moitas de nós, a acudir aos chamados “servizos sociais” na procura de axuda, solución ou, ás veces, dese milagre que precisamos para satisfacer as nosas necesidades básicas.
A realidade amosa que o que debería de ser un acceso seguro e transparente a un servizo público (como a sanidade ou a educación) convértese, de feito, nunha “carreira de obstáculos” onde desgraciadamente é preciso ir informada de antemán, coñecer os nosos dereitos, saber o que dicir e o que non se “permite” facer etc.
A continuación deixamos indicacións, consellos, pautas… que consideramos útiles para aquelas persoas que pensan acudir ou xa tiveron contacto co mundo dos servizos sociais.»
http://odscoia.arkipelagos.net/sites/odscoia.arkipelagos.net/files/guia_axudas_sociais.pdf
Se vemos o mes de Xaneiro no almanaque do ano 2015 repartido «de balde» ? polo concello mediante o FARO, seu colaborador necesario, encontramos una foto moi ilustrativa: árbores azuís, ausencia de sombras, ceo claro na noite escura. É o » Vigo Fermoso» . Máis a fermosura debe estar no interior das persoas. Debe estar no interior das casas. Saber que podes chegar a fin de mes sen grandes sacrificios. Saber que si cumples coa honradez, as institucións sociais apiante nas túas necesidades. Esa é a cidade que eu arelo. Esa, e non a dos sacrificios ós deuses.