Recentemente foi concedida unha prórroga da ILP pola Renda Básica, polo que agora temos ata marzo para recoller o medio millón de sinaturas en todo o Estado.
As xentes da ODS-Coia, o G.A.S. e a parroquia «Cristo da Victoria» seguimos coa presenza na rúa e continuamos coa recollida de firmas. Así o venres 5 de decembro de 17h30 a 19h30 estaremos na Praza de América coa recollida de sinaturas na zona próxima á biblioteca da antiga caixa de aforros.
Asina esta iniciativa para esixir aos representantes políticos a implantación dunha Renda Básica a nivel estatal. A Renda Básica establece o dereito de toda persoa a recibir unha cantidade periódica que cubra as súas necesidades básicas. Constitúese como un dereito individual, universal e incondicional. A contía da Renda Básica será a equivalente ao limiar da pobreza, é dicir, de 645,33 €.
Agardamos polas vosas sinaturas!