Este sábado, como é tradicional en tempo de advento, vimos de celebrar comunitariamente o sacramento da Penitencia. Moitas persoas achegáronse á nosa comunidade para facer unha reflexión da súa vida na presencia de Deus e da comunidade. O texto coñecido como «da muller adúltera» serviunos para afondar na actitude misericordiosa de Xesús, como modelo para o noso propio camiñar na vida. Enfrontamos agora este tempo de preparación do Nadal con maior optimismo e coa convicción de atopámonos no corazón dese Deus misericordioso que nos fixo para a felicidade e a plenitude.
A Comunidade, xa renovada na celebración, continuou despois compartirdo vida e alegría en torno a un pouco de roscón.