Charlas de Advento 2014

Como cada ano reunímonos no tempo do Advento para reflexionar. Nesta ocasión o tema nace das preocupacións expresadas pola Comunidade, na asemblea do mes do xuño, en torno ao aspecto celebrativo.

«A celebración na vida dunha Comunidade Cristiá: como, para que, dende onde» é o tema que Manuel Regal compartirá con todos nós nas seguintes datas:

Venres 21 de novembro, ás 20:30 horas.

Sábado 22 de novembro, ás 17:00 horas.