Nova concentración do Colectivo Imán

Como cada primeiro xoves de mes, o Colectivo Imán convídanos a unha nova concentración diante do Concello de Vigo. Trátase de seguir a concienciar á poboación da urxente necesidade de implementar melloras significativa no eido das políticas de Benestar Social. 15 meses despois do pecho inxusto e arbitrario do local do Programa Sereos, a administración local segue sen dar resposta ao colectivo de persoas más desvalidas da nosa cidade.

Pola inmediata reapertura  do Programa Sereos, pola mellora dos recursos en Benestar Social, concentrarémonos o próximo xoves, 6 de novembre, ás 11 da mañá na Praza do Rei.