XXIX Foro Encrucillada

Baixo o título A Igrexa Galega e o Papa Francisco, a revista Encrucillada celebrará o vindeiro 18 de outubro a XXIXª edición do seu Foro.
Este ano o panel de poñentes estará formado por Xosé Manuel Vidal, coa charla «A reforma de Francisco», Xulio Andión Marán con «O Concilio Pastoral de Galicia e a Igrexa Galega» e máis Andrés García Vilariño que falará do tema «Igreza Galega: desafíos de futuro».
O final da xornada, os cantautores Mini e Mero -compoñentes do grupo A Quenlla-poñeran un colofón musical ao Foro.
O encontro celebrarase no auditorio ABANCA, Preguntoiro 23, de Santiago.

Un comentario

Los comentarios están cerrados.