Un ano do peche do local dos Sereos da zona vella

Deixamos unhas letras de Antón sobre o acto na praza da Princesa, na data na que facía un ano do peche do local de Sereos:

Concentrámonos hoxe nesta fermosa Praza da Princesa para lembrar, que hai un ano, a concelleira de Políticas de Benestar Social do concello de Vigo non lle tremeu a man a hora de informar, vía intranet do concello,que se pechaba o local municipal da rúa Elduayen que acollía o Programa Sereos do Casco Vello.

Hoxe as nosas toallas forman un tapiz multicolor pola tolerancia, a xustiza social e contra a aporofobia. Este é un acto en defensa dos valores humanitarios.

O programa Sereos do Casco Vello é unha filosofía e un xeito de vivir, un modo de ollar, diagnosticar, programar e pasar o activismo político, transformador dunha realidade que nos está a facer moito dano. Levamos 17 anos e, aínda que pecharon o local do Programa, estamos aquí para quedarnos. É por isto que presentamos publicamente este meco SEREO, hoxe con ollo se boca tapados polo poder político dunha corporación municipal aporofóbica e DUN ALCALDE CON MANS DE FERRO E BASOIRA DE PLATINO.