Fiare na festa de A Bouza 2014

O vindeiro sábado 21, Fiare participará activamente na celebración do día de A Bouza difundindo as finanzas éticas e prestando información actualizada sobre o proxecto. Dende última hora da mañá, e durante toda a xornada, contarase cunha mesa informativa á que achegarse para coñecer a realidade da banca ética da nosa contorna, as últimas novidades do proxecto e para intercambiar opinións e experiencias que enriquezan o mesmo.

O 2014 ven sendo un ano clave na vida de Fiare. A completa integración con BpE e a apertura da nova operativa bancaria son dous momentos que marcarán un antes e un despois na traxectoria do proxecto. Nova web, novos servizos, maior capacidade e axilidade, crecemento…. moitos son os cambios que están a acontecer e que permitirán que Fiare sexa unha verdadera alternativa para todo.

Comparte connosco este día e anímate a construír Fiare.