Sábado 7 – Asemblea parroquial 2014

En poucos días imos celebrar a asemblea parroquial 2014. A cita é o  sábado 7 de xuño dende as 10h00 da mañá no salón de actos.

Lembramos que a asemblea é o espazo, o momento no que reflexionar en comunidade sobre os traballos feitos neste curso a piques de rematar, e organizar o traballo para o vindeiro curso 2014/15 nas distintas áreas: educación na fe, acción social, vida comunitaria…

Vémonos este sábado!