Sábado 3, convivencia de comunidades en Vilán

O próximo sábado, día 3, celebraremos un ano máis a Convivencia de Comunidades. Trátase dun espazo de encontro e reflexión colectiva, onde dalgún xeito ímonos preparando para a Asemblea Parroquial do mes de Xuño. Nesta ocasión centraremos a nosa reflexión tendo como base a enquisa que Cáritas Diocesana nos remitíu e que pretente profundizar nos xeitos de atención ás persoas en necesitades que ten artellado a nosa comunidade.

A convivencia desenvolverase na nosa casa de Vilán, onde comezaremos o traballo as 11 da mañá. Moitos sairemos dende a parroquia a partires das 10 da mañá. Estamos todos convidados a participar neste encontro que é un instrumento más de creación e enfortecemento da Comunidade.