Expulsados: xentrificación i exclusión social na zona vella de Vigo

De cando en vez xorden novos termos que veñen a dar nome a mecanismos de poder ben coñecidos. Fálasenos agora de «xentrificación» para definir ese proceso polo que os gobernantes e os intereses inmobiliarios póñense de acordo en abandonar un barrio das cidades, estigmatizar a súa poboación, especular e encarecer os seus inmobles e, finalmente acabar expulsando a aqueles veciñ@s de menor poder adquisitivo.

En definitiva, un plan que desaloxa á xente dos seus entornos, coa escusa dunha mellora global do aspecto da cidade. E, como tantas veces, a costa da poboación con menos recursos i en beneficio de aqueles que poden costear as vivendas remodeladas.

Algo disto está a pasar no Casco Vello da nosa cidade, aínda que a moitos lles pase desapercibido. Quizás tamén se podan explicar dende aquí algunhas políticas sociais. O por mellor dicir, a súa ausencia.

De todo isto váisenos falar na mesa redonda que o Colectivo Imán convoca para o próximo martes, 28 de xaneiro a partires das 19h30 no Centro Cívico do Casco Vello (rúa Oliva 12)

Ángel López compartira connosco os seus coñecementos en materia de Xentrificación e Ana Belén Iglesias falará da experiencia do programa «Sereos do Casco Vello», como un intento de dignificar ás persoas e o territorio dende unha perspectiva alternativa.

Esperamos a vosa presenza.