Hoxe día 23 de Xaneiro presentouse nos locais da nosa comunidade o libro «Querida Teófila». Interviñeron na presentación: o editor do libro, Severino Cardeñoso; o autor, Roxelio Alvarez Rodriguez, e Ildete Magalhaes, dominica e membro desta comunidade do Cristo de la Victoria.
Roxelio manifestou que o libro era o froito dunha relectura e meditación dos evanxeos e outros libros da Biblia e que levaba ese titulo –“Querida Teófila”- porque el era un buscador de Deus e quería compartilo con persoas tamén buscadoras (Teo=Deus, Fila=buscadora ou amante). Tamén compartiu cos asistentes que a idea de transmitir a súa vivencia da persoa de Xesús venia do tempo en que estivo implicado na loita sindical. A figura de Xesús motivouno na súa loita e quería que outros compañeiros de sindicato descubrisen este Xesús que el descubrira e que era o gran descoñecido de moitos.
Houbo palabras de agradecemento a Roxelio por parte dos asistentes porque co seu libro contribuía a que tomaramos interese pola figura de Xesús.
O autor un caro amigo, e o libro unha historia novelada que humaniza ao Xesus acercando a vida das xentes.