Radio Pimienta e Baladre posilitan que todos os martes poidamos mirar pola fiestra que nos abren co programa Nosotras las personas. Esta semana convídannos a coñecer ao compañeiro do grupo IMÁN, Antón Bouzas. Na entrevista repasará o traballo feito polo grupo, sempre na loita polos dereitos das persoas máis empobrecidas da nosa cidade.
Ademais no programa falan coa xente de Alambique que teñen unha Oficina de Información sobre Dereitos Sociais «A Espiral». E tamén o fan coa xente de Zambra.
Podedes escoitar o programa neste enlace: http://audio.urcm.net/archivo/mp3/nosotras_2014-01-14.mp3