Crónica dos Reis Magos 2014

A mal tempo, boa cara. Iso é o que conseguiron as súas Maxestades os Reis Magos na tarde de onte. Desafiando as inclemencias do tempo, achegáronse ao noso barrio de Coia, e máis concretamente á Igrexa do Cristo da Vitoria.

Ás 17:00 horas centos de nenos esperábanlles impacientemente coas súas cartas na man.

O acto comeza coa adoración das súas Maxestades ao Neno Jesús que en todo momento estaba moi ben atendido pola Virxe María e San José.

A continuación envorcaríanse cos máis pequenos. Aos poucos ían desfilando para sentar ao seu colo e transmitirlle en primeira liña todo o que lle pediron para que non se lles esquecese ningún detalle.

E como vén sendo habitual ano tras ano, alí se convidó a todo o mundo cun bo chocolate que se acompañou de roscones e bizcochos elaborados para a ocasión.

Á calor humana, uníase o xerado polo gran repertorio de panxoliñas que non daban tregua e estiveron a amenizar toda a tarde.

Outro ano máis nosos Reyes quedaron encantados co momento tan máxico que viviron.

Ás 19:00 horas recollen todas as cartas e vanse. Quedaba un gran traballo entre ler e organizar todo o que se lle pedía xa que durante a noite terían que cumprir con satisfacer as ilusións dos máis pequenos.

Tamén ían aproveitar para reivindicar nestes tempos de crises, para os máis necesitados. Para que se lles recoñeza os seus dereitos e que os nosos gobernantes fosen máis solidarios. De aí a lema destes anos: Dereitos sociais, xa!

Prometéronnos volver atoparse connosco no 2015!

Un comentario

  1. Delicias para reyes magos da Parroquia Cristo da Victoria,foi unha tarde inesquecibel, máxica para vosoutros e abrallante para os ali presentes.
    ¡Gracias por facerme voltar a miña infancia!
    Grande a parroquia coma sempre,pendentes do barrio e de súa xente.

Los comentarios están cerrados.