Os cartos de todas para todas! Seis palabras, que tentan explicar unha idea sinxela, que semella que para os poderes non o é tanto.
Temos a experiencia de a mobilización social e a constancia son sinónimo de conquistas sociais. Por iso, como hai un ano, volvemos a chamar á nosa veciñanza (do barrio e da cidade) a unirse nunha cadea humana para esixir uns orzamentos xustos para Vigo e Galiza. Xuntas somos máis fortes fronte a uns poderes que enchen os petos cos cartos que apañan dos nosos salarios, das nosas pensións, da nosa educación, dos servizos sociais…
Precisamos con urxencia que os cartos de todas estean a disposición das persoas e das necesidades básicas para a vida, sabemos a importancia que teñen os orzamentos -muncipais e autonómicos- neste aspecto redistributivo da riqueza polo que esiximos aos responsables políticos que o fagan sen demora.
Todas somos necesarias, polo que a xente da ODS-Coia, da parroquia do Cristo da Victoria e do GAS vos animamos a participar o domingo 15 de decembro na cadea humana que sairá da parroquia do Cristo da Victoria (r/Baiona 9 – Coia) a partires das 13h15.
Acudide!