Entrevista a Miren Etxezarreta: «Para chegar a unha sociedade satisfactoria e xusta hai que destruír o capitalismo”

A economista Miren Etxezarreta considera que “un capitalismo verde, ou con rostro humano, non se pode dar”

O capitalismo necesita de crises cíclias para superar as súas contradicións. Cando esta última crise aparece, primeiro no ámbito financeiro, pero traspasándoa automaticamente a todos os niveiselo, ten algo que a faga especial, ou é unha crise máis? Supón un punto de inflexión?

Non é un punto de inflexión no sistema. Eu creo que é unha crise máis do capitalismo, unhas son máis intensas e outras menos. Esta é bastante intensa, pero non creo que vaia a supor unha transformación sempre que exista o capitalismo, non vexo o punto de inflexión.

Vivimos un proceso de atomización no Estado Español, a partir dos 80 hai un proceso de deslocalización aos países subdesenvolvidos, e co auxe do Estado do Benestar desde os 50. Isto supuxo un aumento da terciarización da produción, con aumento da coñecida como clase media. Que define á clase media como tal?

É unha distinción artificial, extremadamente. A diferenza fundamental é que a clase media ten uns salarios máis altos e as clases populares máis baixos. Xeralmente, a clase media ten un nivel de formación superior que lle permite acceder a escanos máis altos, pero no fondo da cuestión traballadores asalariados son uns como outros, coa diferenza de que uns reciben máis. Esencialmente, non hai diferenza, só de nivel mentres as cousas van ben. Cáritas está a dicir que cada vez axudan a máis xente de clase media. Quere dicir que se unha persoa de clase media queda sen salario tampouco pode sobrevivir.

Os que non son propietarios do capital e venden a súa forza de traballo, esencialmente dá igual o nivel do seu salario. Non é exactamente o mesmo, pero no esquema da produción non hai diferenza.

A entrevista completa neste enlace: http://fiaregz.wordpress.com/2013/11/28/para-chegar-a-unha-sociedade-satisfactoria-e-xusta-hai-que-destruir-o-capitalismo-entrevista-a-miren-etxezarreta/