Xa queda pouco para a asemblea de Redes Cristiás en Santiago de Compostela, na que a nosa comunidade participará impartindo un dos obradoiros ademais de coa presenza de moitas persoas na mesma. Achegamos o texto de presentación:
A IV Asemblea de Redes Cristiás, como non podía ser doutra maneira, nun contexto de profunda crise económica e social, cun elevadísimo nivel de desemprego, e unhas políticas públicas que recortan recursos e sobre todo dereitos que tanto tempo e esforzo custou conseguir, quere transmitir a urxencia de promover, con outras persoas e grupos, alternativas fronte a esta dramática realidade que vivimos dende hai xa demasiado tempo.
Realidade, realidades, que esixen cambios inaprazables e imprescindibles, no ámbito laboral, pero tamén no referente á defensa dos dereitos a una vivenda digna, ou a unha sanidade pública, universal e gratuíta, ou a uns servizos de benestar social que queren volver converter en beneficencia; por non mencionar as políticas racistas dirixidas cara o colectivo de persoas inmigrantes residentes en España ou os recortes en cooperación para o desenvolvemento. Por outro lado, temos, por exemplo, a urxencia de traballar en novos modelos produtivos baseados no decrecemento, ou de loitar contra as políticas represivas que pretenden limitar os nosos sagrados dereitos de manifestación, folga ou protesta pública. Como persoas crentes, seguimos sentindo a necesidade de cambiar a realidade da nosa Igrexa para facela máis igualitaria, máis humilde, máis crible e máis libre, especialmente nestes momentos.
Pero ademais, precisamente dende o noso seguimento de Xesús de Nazaret, cremos que son xa tempos tamén de provocar rebeldías. Rebeldías compartidas, solidarias, enredadas, que sexan capaces de poñer freo á degradación económica e social que vivimos, a esta inmoralidade de recortes continuos que afogan a vida cotiá de tantas persoas. É moito o traballo que temos por diante, poñámonos á tarefa xa…
Durante os días 6 e 7 de decembro reunirémonos en Santiago de Compostela para debater sobre todo isto e intentar buscar propostas de acción concretas que nos indiquen os pasos a dar no futuro. Haberá obradoiros, espazos asemblearios, actos públicos, celebracións e, por suposto, momentos máis lúdicos para facilitar a relación e o encontro.
Gustaríanos contar contigo estes días para celebrar a IV Asemblea de Redes Cristiás, a Asemblea da Rebeldía, APÚNTATE.
I do accept as true with all of the concepts you have presented for your post. They are really convincing and will certainly work. Nonetheless, the posts are too brief for novices. Could you please lengthen them a little from subsequent time? Thank you for the post.