Outro ano máis, coincidindo co terceiro sábado de novembro celebrouse novo o noso desexado Magosto no corazón de A Bouza.
No outono, o máis habitual é que a caída das follas veña acompañada polas choivas. Pero isto último non aconteceu, máis ben todo o contrario, un Sol radiante desde primeira hora da maña que fixo moito máis ameno este día.
Ás 17:00 horas, arrancou oficialmente o Magosto 2013. As castañas recén feitas estaban saborosísimas. Era de agardar, a xulgar polo arrecendo que viña por todo o parque dende os asadores. Non faltou tampouco un viño novo da terra que fixo aínda máis delicioso este alimento.
Paralelamente ao gastronómico desenvolveuse o III Parrotroca. Un troco de cousas con moitas lembranzas e historias que se a uns xa no lles era necesario para outros seríalles de utilidade e máximo nestes tempos de crise.
Tamén tivemos a sorte de contar coa gran actuación de Andarela do Calvario. Un grupo descoñecido para a maioría que a máis dun cautivounos e aínda máis cando máis se precisaba, xa que coa caída do Sol, tiñamos que quentar o ambiente.
Esta edición foi un Magosto de todos e para todos. De todos porque durante todo o día moitos voluntarios estiveron colaborando facendo máis agradable a parte loxística, organizativa, o asado.… e para todos porque unha vez máis acudiu moita xente tanto do barrio como de fora, sendo un punto de encontro para compartir algo máis que as castañas.
Dende estas liñas damos as grazas a todos xa que coa vosa presenza conseguichedes aunas e revivir o espírito do Magosto.
Ata o ano que ven!