Achéganse as charlas de advento

Jesús Espeja Pardo, dominico, profesor emérito na Facultade Teolóxica de San Esteban de Salamanca, iniciaba a súa carreira docente cando se convocou o Vaticano II. Como formador de relixiosos e sacerdotes novos viviu moi de preto os cambios e os problemas no primeiro período postconciliar.

Unha vez transcorridos cincuenta anos da celebración do Vaticano II habería que reflexionar sobre cal é a súa herdanza permanente, que é indicativa de que aínda hoxe o Concilio pode ser saudable. É verdade que as últimas décadas foron testemuñas de cambios culturais imprevistos no Concilio, e é necesario seguir lendo os signos novos que van xurdindo no tempo. Pero, tanto na visión da Igrexa como na súa relación co mundo, o Concilio abriu perspectivas e suxeriu claves fundamentais que son imprescindibles para a renovación da vida cristiá e para a súa misión evanxelizadora.