A asociación Véspera de Nada lanza unha campaña de crowdfunding para poder editar o libro: Guía para o descenso enerxético.
Na súa web tedes toda a información, aquí unha mostra:
Os alicerces enerxéticos da civilización industrial está a se esborrallar irreversiblemente. En poucas décadas o actual modo de vida das sociedades capitalistas-consumistas deixará de ser viable, e con el moito do que hoxe damos por descontado, incluíndo o aparato de soporte estatal.
Diante disto a sociedade ten dúas opcións: ou deixarse guiar polo mito suicida do crecemento perpetuo nun imposible intento de prolongar a agonía do actual sistema, ou tomar o futuro das súas mans e comezar a construír, desde baixo, unha nova sociedade máis modesta, máis local e máis comunitaria. Aínda que os gobernos estean fallando criminalmente no seu deber de preparar de maneira anticipada as poboacións fronte á escaseza inminente debida ao devalar da enerxía fósil, hai moitos aspectos das nosas vidas nos que nós mesmas/os podemos actuar desde xa para preparar as nosas familias, as nosas comunidades, as nosas pequenas empresas e gobernos locais.