Obradoiro de formación para o desenvolvemento «Achégate ao Sur»

A campaña Impórtanos! organiza un obradoiro dirixido a todas aquelas persoas que están interesadas en achegarse á análise das causas da pobreza; desexan ter un coñecemento máis amplo das relacións de desigualdade entre Norte e Sur; coñecer as propostas de cambio; potenciar o encontro intercultural; adquirir unha visión crítica da nosa realidade social e realizar prácticas solidarias.

O obradoiro ten unha duración de 15 horas (computables para créditos ECTS pola Universidade de Vigo) distribuídas en 5 sesións os días 6, 13, 20 e 27 de novembro e o 4 de decembro de 2013.

Impartirase  na aula 33 da Escola Universitaria de Estudos Empresariais de Vigo, rúa Torrecedeira nº 105.

A matrícula é gratuíta e podedes inscribirvos xa, na plataforma Bubela da Universidade de Vigo.

Lembramso que Impórtanos! é unha campaña de sensibilización promovida polo “Consello Municipal de Cooperación Internacional e Solidariedade, órgano colexiado permanente de participación e punto de encontro entre o Concello de Vigo e as persoas e asociacións sen ánimo de lucro que traballan no ámbito da cooperación internacional e a solidariedade entre os pobos, dependente da Concellería de Cultura, Festas e Políticas de Benestar.

Podedes solicitar máis información, materiais ou acordar unha visita para coñecer mellor a campaña contactando co técnico do proxecto, Juan Fernández Durán, nos teléfonos 986 224 990 e 620 989 527 ou na dirección de correo electrónico importanos@importanos.org.