Unha asemblea para comezar o curso

As choivas de outuno impediron que marcharamos a Vilán a celebrar este sábado a asemblea de inicio de curso 2013/14. Porén o salón de actos acolleu á comunidade, para nun par de horas facer as tarefas marcadas nesta xornada: repasar os acordos tomados na asemblea de xuño 2013 e repartir o calendario parroquial definitivo.

Coas ideas ben claras rematamos coa vontade e ánimo de afrontar un curso cheo de esperanza e vida.

Un comentario

Los comentarios están cerrados.