O grupo IMAN segue rexeitando publicamente o peche do local dos Sereos no Casco Vello e reclaman unha atención digna pedindo que se reabra o local da rúa Elduayen 11.
Por esta razón o xoves 12 convocan unha serie de actos de comezan ás 19h00 cunha concentración diante do Concello de Vigo. Desde a praza do rei marcharan en manifestación polas rúas Pracer, Abeleira Menéndez para rematar no local de Sereos na rúa Elduayen. Alí, ás 19h30, farán unha cadea humana como símbolo de proteccióndunha cidade solidaria coas persoas máis empobrecidas da nosa cidade.