O grupo de educadores na fe da comunidade prepara o curso 2013/14

Preto dunha treintena de educador@s na fe da nosa comunidade mantiveron un encontro para preparar as distintas etapas da catequese 2013/14.

Comezamos ás 10h00 cunha canción, un pequeno texto e unha oración conxunta.

Logo disto comezamos seguindo programa marcado: presentacións, etapas da educación na fe, calendario, campamentos… e moito máis.

Na reunión fixamos as datas de inscrición que comezan o 16 de setembro para rematar o 25 de setembro.

Animade aos voso fillo@s a participar!