O vindeiro martes 25 de xuño agardamosvos para preparar con nós os paraugas ou parasois que levaremos ao acto de peche da campaña «Vivir dignamente é un dereito» coa que a través recollida de follas de denuncia social esiximos a concello e Xunta unha renda básica que cubra as nosas necesidades básicas.
Vinde con PARAUGAS e PARASOIS ao obradoiro no que os decoraremos con lemas reivindicativos, para facer deles instrumentos que nos defendan da que está a caer en forma de: paro, inxustiza, desigualdade, desafiuzamentos, corrupción, perda de dereitos…
Quedamos o martes 25 de xuño a partires das 17h00 nos baixos da parroquia do Cristo da Victoria (rúa Baiona 9, Coia).
It’s hard to find knowledgeable people on this topic, but you sound like you know what you’re talking about! Thanks