Vídeos promocionais de Fiare

Xa sabedes que Fiare está a demostrar que tamén no mundo da banca as cousas se poden facer doutro xeito, como din na campaña de promoción que nos anima a coñecer e a participar neste proxecto: Banca Ética Fiare é un banco cooperativo e democrático onde as persoas temos a capacidade de decidir!

Para dar un paso máis na difusión deste proxecto de banca ética, lanzan uns vídeos de promoción que podedes ver nestes enlaces: vimeo.com/67952619, vimeo.com/67433851 e vimeo.com/67512397

Lembramos que se tedes algunha dúbida ou queredes máis información sobre Fiare Galiza preguntade ao grupo de persoas que está a participar en representación da nosa comunidade!