Dentro da campaña pola Obxección Fiscal aos Gastos Militares 2013 o Espazo Aberto Antimilitar organiza unha charla este sábado 1 de xuño coa presenza de dous membros do colectivo Utopía Contagiosa.
O título da charla é «Gastos militares e modelo de defensa do Estado Español» e nela contaremos coa presenza de José Ambrona e Juan Carlos Rois que nos falarán dos gastos militares no Estado español e analizarán o modelo de defensa actual baseado no militar e a violencia.
Será o sábado 1 de xuño a partires das 20h00 na Cova dos Ratos (Romil 3, Vigo)