II Foro Galego da Débeda

O sábado 25 de maio no centro social do Castiñeiriño en Santiago de Compostela celebrase o II Foro Galego da Débeda a cargo da Plataforma pola Auditoria cidadá da débeda da Galiza baixo o lema Non debemos! Non pagamos!

A programación do encontro é o seguinte:

10h30 a 14h00

Presentación: A xénese da Débeda, a cargo de Marta Rodríguez

Como nos afecta a débeda?, a cargo de Carlos Taibo

Debate

Que queremos facer? Presentación da PACD

Preguntas

17h00 a 21h00

Mesa redonda con diferentes colectivos

Debate

Conclusións do Foro