Comuñóns 18 maio

O Sábado 18 de Maio a comunidade celebrou a primeira comuñon de dous grupos mais de nenos e nenas que estiveron preparándose durante dous cursos para esta nova etapa de iniciación cristiana que comeza ca celebracion da cea de Xesús.

Vintetres nenos e nenas cos seus catequistas, as suas familias e amigos, e a comunidade, animados polo seu grupo musical pàrticipamos nesta celebración. Os catequistas animaron ás familias a continuar na formación cristiana dos seus fillos axudados pola parroquia que ofrece campamentos e grupos de formación para despois da comuñon.