Comezaron as primeiras comuñóns na nosa comunidade

Setenta e dous nenos e nenas participarán neste acontecemento ao longo dos sábados 11, 18 e 25 de Maio. Estes nenos e nenas levan preparándose dous anos a través dunha sesión de catequese semanal. Na que contaron con 22 catequistas que estiveron encargados de levar adiante esta tarefa.

Ao final do curso pais, nais, nenos e catequistas reuníronse nunha xornada de convivencia na casa de Vilán (Fornelos) coa que os  nenos e nenas foron convidados ao campamento de catro días (entre o 28 de xuño e o 3 de xullo).

A Comunidade ofrece a oportunidade de continuar a formación cristiá deste grupo a través da catequese de postcomuñón. Destacamos tamén que os pais e nais tamén tiveron os seus momentos de formación ao longo do ano (xuntanzas de familia) aos que seguiron as correspondentes celebracións dominicais (eucaristías de familia).