Presentación do proxecto Fiare na A.VV. Val do Fragoso

O grupo local de Fiare, do que a nosa comunidade forma parte acitvamente, convídanos a asistir a unha proxección, coloquio, charla sobre o proxecto de banca ética de Fiare.

Baixo o título: «Outra banca é posible. Fiare a banca ética en mans da cidadanía» o xoves 23 de maio dende as 19h30 nos locais da Asociación de Veciños Val do Fragoso teremos a oportunidade coñecer máis deste proxecto, así como o estado do seu proceso de implantación.